Comezamos o 2º trimestre presentándovos os últimos traballos que realizamos cos itinerarios lectores nos diferentes niveis.
Por unha banda, as nenas de 6º Primaria, durante este Nadal, aproveitaron para ler o libro de Ledicia Costas "Escarlatina, a cociñeira Defunta" no cal, en relación coa historia aparecen diferentes recetas de cociña que as maiores realizaron na casa e quedaron así de saborosas.
Por outra banda, en 5º de Primaria lemos catro novos títulos: "Fede quere ser pirata", "Meu avó o presunto", "Mortiña" e "Esmeraldina, a pequena defunta". Velaquí están as nosas actividades:
Tamén en 4º de Primaria dedicamos tempo a lectura. A tarefa que realizamos co título "Os Minimortos", consitiu nunha síntese do libro e debuxo do que máis nos gustou.
"Mortiña, o amigo Pantasma" é o título que traballamos en 3º de Primaria.
Os nenos de 2º de Primaria, dedicamos o noso tempo á lectura de "Feliz Feroz, o lobiño Riquiño". Rematado o libro, creamos unha nova portada:
Na aula de 1º de Primaria; Jose mostrounos o exemplar "Pequechos das pradeiras e das sabanas". Logo de debater o noso animal preferido do libro, discorremos como representalo no papel:
Tamén en 1º de Primaria, Brais, Iker e Jose, narráronnos novas historias tituladas: "El Gran Día", "Gústame luxarme" e "El tesoro de la isla del Pirata Calavera".
Non podían faltar no itinerario lector dos pequenos de 6º de Infantil as rimas, así convidámosvos a memorizar e teatralizar connosco a "Letra O":
"O corpo en acción" e a unidade que en 5º de Infantil estamos traballando, deste xeito, os libros que manipulamos estes días na "Hora de ler" están relacionados co tema:
Fantásticos traballos realizados a través da lectura como fonte de pracer e información. Parabéns rapaces e rapazas!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario