Que bo resultado está a ter o Programa de consumo de Froita Fresca e Leite entre o noso alumnado!!
Maiores e pequenos consomen estes produtos durante o recreo.
Amais, algúns dos vosos compañeiros e compañeiras achegáronnos, dende as súas casas, fotos de merendas saudables con froitas e lácteos.
Neste 1º período do programa, valoramos moi positivamente a participación e implicación dos rapaces e rapazas; grandes coñecedores da necesidade dunha dieta variada e equilibrada para crecer fortes e sans.
Ningún comentario:
Publicar un comentario