"As Sensombreiro" é o título da actividade realizada no centro para conmemorar o "Día da muller" este 8 de marzo. O nome refírese ao feito de quitarse o sombreiro en público que fixeron Maruxa Mallo, García Lorca, Dalí e Margarita Manso na Porta do Sol, en Madrid , na década dos anos 20. Foi un acto de rebeldía contra o establecido.
Tamén, reflexionamos e debatimos nas aulas sobre os dereitos das persoas e os traballos que podían facer tanto mulleres como homes. Chegamos á conclusión de que todos podemos realizar calquera traballo. Na aula de 2º de Primaria, ideamos os seguintes debuxos que están colgados no noso museo virtual, convidámosvos a percorrelo:
Como ben dixemos, nas aulas investigamos sobre a vida e obra daquelas mulleres artistas, filósofas, escritoras de teatro, teatro infantil, poesía, narrativa..., que a Historia non visibilizou ao mesmo nivel que os seus compañeiros da Xeneración do 27.
O alumnado de 1° Primaria fixemos un panel onde recollemos os datos da vida e da obra de María Teresa León.
Os nenos e nenas de 2º Primera, elaboramos un mural da Sen Sombreiro Ángeles Santos.
Os rapaces e rapaces de 3º de Primaria, para realizar este traballo vimos a historia das "Sensombreiro" e falamos un pouco de cada unha delas. Logo, centrámonos especialmente en Josefina de la Torre e afondamos na sua historia para coñecela mellor e poder facer un traballo sobre ela.
Na clase de 4º Primaria investigamos sobre Rosa Chacel (a que se dedicaba, obras, premios que obtivo, datos da súa vida persoal...) e fixemos un mural con toda esa información.
Na aula de 5º de Primaria levamos a cabo un traballo de investigación para traballar a figura de Margarita Manso.
As nenas de 6º de Primaria, con motivo do 8 de marzo, traballamos os dereitos da muller e como viven en diferentes culturas. Ademais, tratamos a temática das Sensombreiro investigando porque non foron coñecidas e como a súa obra está empezando a valorarse, así como o visionado do documental elaborado por RTVE sobre estas figuras e as súas obras.
En Infantil, traballamos diferentes mulleres pertencentes ao grupo As Sensombreiro: Maruja Mallo, Concha Méndez...
Todo este traballo tivo como obxectivo recuperar, divulgar e conservar o legado artístico e intelectual destas mulleres dos anos vinte y trinta en España. Centrámonos neste grupo de mulleres que se desvincularon do prototipo de muller.
Ningún comentario:
Publicar un comentario