18/06/21

Xornal Escolar 2021

Este curso vivimos unha morea de cambios na forma de traballar, xogar, celebrar, compartir...; queriamos que soubésedes o orgullosos que estamos de todos vós polo ben que o fixestes ao longo destes meses tan "diferentes". Malia todo, hai cousas que non temos que cambiar, como  despedirnos compartindo convosco o Xornal Escolar 2021 coa recompilación de todas actividades realizadas para o desenvolvemento do Proxecto de fomento de uso do galego durante este curso no CEIP "A Carballeira" de Lourizán.

 

Agradecemos enormemente todo o apoio, axuda e colaboración recibida en todas e cada unha das nosas propostas. Agora, despois do enorme esforzo realizado por todos e todas, chega o ben merecido descanso que estabamos agardando. Esperámosvos á volta do verán. Boas vacacións!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario