13/06/22

Excursión virtual "Ti si que es un bo peixe 360"

O venres 10 de xuño, participamos na actividade Ti si que es un bo peixe 360, visita virtual que nos transportou ata o mundo do mar facendo un percorrido dende a orixe do peixe e o marisco ata a súa chegada ao prato no xantar pasando pola lonxa, o porto, as redeiras, as depuradoras, e a venta na praza de abastos.

Así, partindo da imaxe dun prato elaborado con produtos do mar, comezamos unha viaxe onde nos amosaron o camiño que percorren os produtos desde a súa extracción no mar á mesa: a extracción dos moluscos bivalvos a pé e a flote poñendo en valor a actividade que realizan os/as mariscadores/as, amosar como muda a costa areosa coa baixamar e a preamar, vivenciar a actividade pesqueira a bordo dun barco, visualizar a descarga do produto no porto e o transporte do mesmo á lonxa, asistir como un/ha comprador/a á poxa na lonxa para rematar coa saída do produto na lonxa acompañando aos/ás praceiros/as aos seus postos no mercado para a venda do produto. Asemade practicamos o marisqueo, a pesca e simulamos unha poxa na lonxa.


Unha experiencia moi interesante!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario