17/05/24

Día das Letras Galegas

Na Carballeira tivemos unha semana intensa de traballo ao redor de Luísa Villalta, a escritora homenaxeada este ano polo Día das Letras Galegas. 

Hoxe publicamos, para empezar, o gran traballo que fixeron os nenos e nenas de E.I.

O fondo musical do vídeo é do magnífico traballo "Biografía musical_Bioletras 2024" do CEIP Chans Bembrive, que "nos apropiamos con cariño" para usalo tamén nós nas nosas celebracións, rematando onte con esta canción coreografiada por todo o centro. En cumprimento da LOPD, non publicaremos toda a coreografía, pero podedes ver un pequeno resumo no noso instagram.

E aí vos vai o vídeo dos pequerrechos e pequerrechas... Xa veredes que guapa quedou Luísa


Outro dos traballos realizados estivo inspirado nun dos poemas de Luísa, do seu Poemario "En Concreto"; o poema que dedicou ao Obelisco de A Coruña, en forma de caligrama. Neste traballo o alumnado tamén elaborou textos inspirados en elementos do patrimonio natural e cultural de Lourizán
 

 
Tamén queremos compartir con vós un traballo realizado polo alumnado de PC de 6º sobre algunhas das tradicións galegas máis importantes, xa que, igual que a nosa lingua, son un tesouro que debemos coñecer, conservar e continuar
 
FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario