Continuamos coas actividades de lectura e familias.
Para celebrar que o 30 de xaneiro é o Día da Ilustración, organizamos a véspera (29 de xaneiro) un obradoiro cun dos ilustradores máis nomeados:
Marc Taeger
Nado en Suíza, ilustrador, pintor, deseñador e escultor, galardoado, entre outros, co Premio Daniel Gil de Deseño Editorial 2005 polo seu traballo de ilustración en "A verdadeira historia de Carapuchiña" ou con dous premios LAUS que concede a ADG (Asociación de Deseñadores Gráficos de España).
Con el exploraremos o mundo da ilustración a través dos contos e usando a nosa imaxinación porque...
Como ilustrariamos, por exemplo, o conto de Carapuchiña Vermella se fose extraterrestre ou vivira no fondo do mar?
Invitámosvos a pescudalo coa axuda de Marc o mércores 29 de xaneiro, ás 17:30, na biblioteca do Checho.
NON ESQUEZADES TRAER AS VOSAS CERAS,
ROTULADORES, LAPIS DE CORES,...!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario