Equipos de Biblioteca e Dinamización Lingüística. CEIP A Carballeira (Lourizán)
24/10/11
UN DOCE COMEZO
Supoño que vos estivestes a preguntar que significaban eses carteis que, ao longo da semana anterior, aparecían nas paredes; pois agora desvelaremos o enigma: hoxe celebramos o Día das Bibliotecas Escolares!, e por iso temos preparadas unhas sorpresiñas.
Unha delas é a posta en marcha, de novo, das mochilas viaxeiras; esta actividade que a vós tanto vos gusta. Xa sabedes que en cada mochila vai un caderno para escribir todo o que queirades, nun deles puidemos ler con moitísimo agrado o que aparece nestas páxinas. Grazas a comentarios deste tipo sabemos que as mochilas son unha extensión da nosa biblioteca, e que para moitos de vós e vosos pais/nais os libros xa están a ser unha "extensión da imaxinación", como diría o gran escritor José Luis Borges. Agradecemoslles á nai e ao pai de Inés que nolo transmitiran a través desta fermosa carta.
Para ampliar o texto, preme na imaxe da primeira folla.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)

This work is licensed under a Creative Commons Attribution-NonCommercial-ShareAlike 4.0 International License.
Ningún comentario:
Publicar un comentario