A nosa escola está de noraboa, xa que obtuvimos varios premios polo noso "Faro da Escola"! Parabéns á rapazada por conseguilo, por moitos máis!
O MURMURIO DAS PALABRAS
Equipos de Biblioteca e Dinamización Lingüística. CEIP A Carballeira (Lourizán)
11/06/26
05/06/26
Día do Medio Ambiente - Wangari Maathai
Nesta conmemoración, grazas á axuda das familias, conseguimos reservar un recuncho do noso patio para dedicarllo neste 5 de xuño, día do Medio Ambiente, á feminista africana Wangari Maathari. Foi Premio Nóbel da Paz e o seu obxectivo foi combatir a deforestación e a desertificación co cinturón verde (plantacións de árbores) en África, mentres loitaba contra a pobreza empoderando ás mulleres rurais.
A rapazada plantou flores no noso xardín, levaron regalos conmemorativos e leron poesías en honor a Wangari. Un exemplo a seguir!
02/06/26
Música e familias: diversión asegurada!
Desta quenda, o alumnado e as familias do noso colexio xuntáronse baixo o amparo da música para poder gozar todas xuntas en comunidade. Pasámolo xenial, vémonos na seguinte! Música, mestra!!
25/05/26
Obradoiro de xogos de mesa!
A rapazada de 6º de educación primaria estivo desenvolvendo un obradoiro para as súas compañeiras e compañeiros de 1º e 2º de educación primaria. Divertíronse moitísimo!
21/05/26
Recompilación do noso PDI: AS MANS VALEN OURO!
Durante este curso fixemos moitas achegas ao noso PDI, aí vos van unhas cantas:
- Construimos coas nosas mans e coas das nosas familias... ata unha estación espacial internacional!
15/05/26
17 de maio Día das Letras Galegas: Begoña Caamaño
A rapazada do noso colexio estivo aprendendo sobre Begoña Caamaño a periodista e escritora feminista que é homenaxeada este 17 de maio coa conmemoración do Día das Letras Galegas.
Os diferentes cursos achegaron diversos recursos (pasapalabras, debuxos, investigacións sobre a autora) que se expuxeron no colexio. Ademais, escoitamos cancións galegas no recreo, despois 6° leunos un manifesto da autora e por último limos libros en galego todos os cursos xuntos no patio!
05/05/26
Os maios
Os maios chegaron ao noso colexio! Grazas ás achegas da rapazada e as familias contruímos este maio que podedes ver na entrada do colexio. Moitas grazas por participar!
23/04/26
23 DE ABRIL - Día do libro
08/04/26
ESTAMOS EN RADIO PONTEVEDRA!
A rapazada de 4º e 6º curso de Educación Primaria do noso cole foi a Radio Pontevedra e gañamos un concurso! O premio foi que durante estes 15 días estarán en antena, retransmitindo este fragmento que gravaron na saída, non volo perdades!
24/03/26
Coidamos os ollos!
Hoxe tivemos visita para aprender a coidar os nosos ollos, aprendimos moitas cousas e tivemos concurso ao final para comprobar a nosa aprendizaxe. Isto da miopía tiña moita miga. Foi moi divertido!
23/03/26
Novos recursos na biblioteca
Da man de Iria Bermúdez (Mans de Ouro - @mansdeouro), este ano contamos con recursos adaptados para atender á diversidade do noso alumnado, empregando diversos formatos:
- Poesía con Colas de Sereas
- Comprensión lectora con Formando Monstruos
- Bibliografías con Mulleres Influíntes ou Mulleres Marabillosas
- As novas con Formando Noticias
17/03/26
ENGLISH THEATRE!
16/03/26
PARTICIPA NA PDI!
Como sabedes, estamos co nos proxecto "As mans valen ouro" e convidamos ás familias a que compartan as súas experiencias:

13/03/26
VISITA CLUB CISNE BALONMÁN
Este venres aprendimos sobre a alimentación e hábitos saudables da man deste equipo de profesionais, grazas por vir!

10/03/26
Obradoiro de animación á lectura e familias con: Bolboreta!
A rapazada de 1º e 2º de educación primaria estiveron aprendendo a importancia de quererse a unha mesma/o e da autoestima grazas a o conto da bolboreta. Estivo xenial!
06/03/26
DÍA INTERNACIONAL DA MULLER
Na nosa biblioteca temos unha escolma de obras para que a rapazada poida aprender dos múltiples referentes de mulleres que temos na nosa historia!

23/02/26
DÍA DE ROSALÍA
Neste día de Rosalía, a rapazada do noso colexio participou na súa celebración no Pazo Provincial (da Deputación de Pontevedra), onde proxectamos o vídeo do ano pasado, limos poemas de Rosalía de Castro e cantamos "O Moucho" da man de Migallas Teatro.
Unha marabilla!

12/02/26
Visita da autora: LUCÍA MOJÓN
O noso alumnado de primeiro ciclo de educación primaria tivo unha visita moi especial! A autora Lucía Mojón, co seu libro "Biscoito de Castañas"!
Tivemos ocasión de entrevistala e descubrir como crea as historias e aventuras que enchen de maxia os seus libros. Xogamos a imaxinar novas personaxes e mesmo cantamos o retrouso dos seus protagonistas!
Unha sorte poder ter estas visitas no noso cole da Carballeira. Grazas por vir!


This work is licensed under a Creative Commons Attribution-NonCommercial-ShareAlike 4.0 International License.













.jpeg)




.jpeg)
