No seguinte enlace podes visitar unha biblioteca virtual con grandes clásicos da literatura. Mergúllate na lectura!
http://www.ellibrototal.com/ltotal/
Equipos de Biblioteca e Dinamización Lingüística. CEIP A Carballeira (Lourizán)
19/03/13
Aforrando enerxía
Os rapaces do noso cole están moi concienciados de que debemos aforrar
enerxía.
Este ano estamos coñecendo as diferentes enerxías renovables e non
renovables.
A semana pasada tivemos un taller de granxa enerxía, promovido por Endesa
Educa.
Fixemos unha serie de experimentos
e unha das cousas que máis nos sorprendeu foi cómo co movemento das pernas ó
pedalear unha bici podemos converter en enerxía eléctrica.
Tamén descubrimos cómo quentar a comida cun día de sol empregando unha
cociña solar.
Xa están aquí as mochilas viaxeiras de marzo.
Seguen chegando os traballos dos nosos artistas máis pequenos. Rotuladores, ceras, papeis de cores, témperas, lás... todo vale para expresar a arte que levan dentro.
Agárdovos na biblio. Checho.

Unha viaxe ó pasado.
Continuamos co noso
PDI "as pegadas do pasado". O xoves tivemos unha saída ó parque arqueolóxico
da arte rupestre en Campolameiro.
Comezamos
cun breve percorrido pola exposición estable e acadamos a información necesaria
para descubrir os enigmas que se agochaban nos petroglifos.
Despois
achegámonos en grupos á área arqueolóxica. É algo espectacular ver as pegadas
dos nosos antepasados gravadas nunhas rochas. Grandes enigmas, diferentes
deseños xeométricos, realmente emocionante.
Por
último fixemos dous grupos para levar a cabo os talleres. Os máis cativos
tiveron a oportunidade de fabricar vasillas de cerámica coma no Neolítico.
Os
maiores fixeron unha búsqueda do tesouro nun lugar que os deixou abraiados por
todo o que ían descubrindo.
Dende
aquí queremos agradecer a todo o persoal que nos acolleu polas súas
explicacións e atención recibida. A verdade é que aprendemos moitísimo.
Estamos cheos de enerxía!
Estamos cheos de enerxía!
O ano 2012 foi o ano internacional da enerxía sostible. No cole estamos sumerxidos na prehistoria e investigando un pouquiño descubrimos que os homes e mulleres dende a súa orixe obtiveron enerxía dos alimentos que comían e realizaban o traballo coa forza muscular.
Despois construíron ferramentas para aproveitar mellor a enerxía dos músculos. Máis adiante descubriron e aproveitaron a enerxía dos combustíbeis coma o lume para quecerse, cociñar, elaborar cerámica, fundir metáis, etc.
Aproveitaron tamén a enerxía do vento para o transporte coma barcos de vela, e domesticaron animais para utilizar a súa forza de traballo.
Vémonos na biblio! Un saúdo. Checho.
12/03/13
A toda máquina
Este ano tampouco podiamos perdernos o salón do libro, con fantásticas actividades para maiores e pequenos: contacontos, obradoiros, exposición dos traballos dos colexios de Pontevedra...e Orbil a mascota!!! ÁLBUM COMPLETO AQUÍ.
Mirade que ben o pasaron os de educación infanti e primeiro ciclo de primaria cos contos de Andrea, ea, ea, ea...
E os maiores participaron no obradoiro de ilustración impartido por Anxo Fariña.
Ésta é a nosa participación na exposición
E aquí está Orbil con todos nós.
Mirade que ben o pasaron os de educación infanti e primeiro ciclo de primaria cos contos de Andrea, ea, ea, ea...
E os maiores participaron no obradoiro de ilustración impartido por Anxo Fariña.
Ésta é a nosa participación na exposición
E aquí está Orbil con todos nós.
Últimas noticias: enorme éxito das mochilas viaxeiras
Xa sei canto vos gustan as mochilas viaxeiras. Todos e todas estades desexando levalas a casa para disfrutar delas coas mamás, papás, irmáns, avós, avoas...
Hoxe tráiovos os debuxos que fixeron dos seus contos favoritos os máis pequerrechos do cole.
A que son uns artistas? ÁLBUM COMPLETO AQUÍ.
Agárdovos na biblio. Checho.
Hoxe tráiovos os debuxos que fixeron dos seus contos favoritos os máis pequerrechos do cole.
A que son uns artistas? ÁLBUM COMPLETO AQUÍ.
Agárdovos na biblio. Checho.
Subscribirse a:
Comentarios (Atom)

This work is licensed under a Creative Commons Attribution-NonCommercial-ShareAlike 4.0 International License.














