O pasado 23 de abril conmemoramos o día do Libro. Entre todas as actividades que fixemos ó redor desta data queremos destacar as seguintes:
Contacontos: Os alumnos de 5º e 6º de primaria contaron a historia “Un gato na árbore” dos autores Pablo Albo e Géraldine Alibeu (ed. OQO). A verdade é que están feitos uns contacontos profesionais. Foi unha forma moi graciosa de achegarnos o que aconteceu na árbore da rúa Maior.
Contacontos: Os alumnos de 5º e 6º de primaria contaron a historia “Un gato na árbore” dos autores Pablo Albo e Géraldine Alibeu (ed. OQO). A verdade é que están feitos uns contacontos profesionais. Foi unha forma moi graciosa de achegarnos o que aconteceu na árbore da rúa Maior.
Entrega de premios do III certame literario.
Houbo moitísimos traballos neste III Certame literario que este ano levaba o nome do noso PDI “as pegadas do pasado”. Poesías e contos que xiran entorno á temática da prehistoria. Foi un proceso selectivo moi difícil xa que houbo moitos merecedores do premio. Os gañadores derradeiros foron:
1º CICLO
1º Premio: Inés Jerez López.
2º Premio: Lara Rodríguez Peón.
3º Premio: India Castro López.
2º CICLO
1º Premio: Fabiana Cahua Guía.
2º Premio:Cristina Sanz Acuña.
3º Premio:Víctor Piñón Parada. 3º CICLO
1º Premio: Celia Losada Moledo.
2º Premio: Laura Amay Fernández.
3º Premio:Kélvar Castro López.
Xa por último, fixemos entrega de premios ós lectores máis asiduos á biblioteca ó longo deste ano. Os premiados foron:
1º ciclo: Sara Moledo Otero
2º ciclo: Úrsula Montoya Salazar.
3º ciclo: Paloma Blanco Valencia. Despois deste día tan fermoso quedámonos co coñecido proverbio hindú que di: “Un libro abierto es un cerebro que habla; cerrado, un amigo que espera; olvidado, un alma que perdona; destruído, un corazón que llora”.
Vémonos na biblioteca. Un saúdo. Checho.
GALERIA DE IMAXES DO DÍA DO LIBRO 2013.
Ningún comentario:
Publicar un comentario