Equipos de Biblioteca e Dinamización Lingüística. CEIP A Carballeira (Lourizán)
02/12/14
O noso Magosto.
O NOSO MAGOSTO
(por Tania Otero González, 5º de primaria)
O día catorce de novembro, venres, fixemos no colexio o “Magosto”. A festa tivo lugar no recreo. O profe Pancho dedicouse a facer as brasas para despois asar as castañas e os chourizos. Nesta festa, a costume é asar castañas e bocadillos de chourizo. A festa consiste en realizar unha fogueira e, cando haxa brasa, botar nunha grella as castañas para asalas, e despois botar os chourizos. Para poder conseguir as castañas, contouse coa participación dos nenos e nenas, que trouxeron un puñado de castañas picadas. Unha vez asadas as castañas e os chourizos, os mestres repartiron aos nenos un cucurucho con castañas e bocadillos de chourizo. Despois de comer as castañas e os bocadillos, puxémonos a xogar. Podíamos xogar aos zancos, aos birlos, e a tirar aros para intentar introducilos nunha botella ou nuns paus.
A verdade é que o pasamos moi ben e divertímonos moito. Foi un día divertido e diferente no colexio.
Ningún comentario:
Publicar un comentario