O mércores 19 de
outubro, os nenos e nenas de 4º, 5º e 6º de primaria, realizamos unha interesante saída a pé ata Marfrío (empresa de conxelados da zona), sita no Porto de Marín.
O Director de Calidade da empresa fixo de guía. Explicounos certas normas seguridade e, logo, comentounos a que se dedica a fábrica: elaboración de produtos conxelados
a partir do calamar, pota, potón e peixes.
Abraiáronnos os conxeladores, eran enormes! Dixéronnos que a
temperatura dos productos finais mantense sempre a -18º e que nunca se rompe a cadea de frío dos alimentos .
Logo, mostráronnos gran parte das instalacións do edificio: sala de desinfección de calzado, enfermería,
almacén de fariñas, ...
Seguidamente, explicáronnos
que a materia prima coa que traballa a fábrica chega conxelada.
Ensináronnos como preparaban os calamares para cortar, cociñar e prefritir e; despois, facer as argolas de calamares.
Amosáronnos diferentes procesos: desconxelación, limpeza, corte en rodas, relavado, escaldado ...
Despois indicáronnos como o prefriten e como o glasean.
O último que fan é envasalo e
colocalo nos frigoríficos para conservar a cadea de frío a -18º.
Como mostra, invitáronnos a unha saborosa degustación dos seus preparados cociñados
(argolas de calamar, croquetas de xamón e “palitos” de
pescada). Estaban exquisitos!!
Aprendemos unha morea de cousas. E o mellor de todo.., pasámolo moi
ben!!
Sara e India (6º EP)
Podedes ver máis fotos aquí.
Ningún comentario:
Publicar un comentario