Como ben sabedes, o vindeiro luns 2 de outubro, comezamos co servizo de préstamo na Biblioteca do Checho. Para lembrar as normas de funcionamento da Biblioteca, hoxe realizamos unha xornada de formación dirixida aos usuarios e aos colaboradores que nos van visitar.
Comezamos a sesión coa visualización dun vídeo resumo das normas. Aquí volo deixamos, por se queredes botarlle de novo unha ollada...
Logo, explicáronnos que indican as cores das etiquetas e a información que conteñen.
A continuación, recordamos como está organizada a biblioteca e que materiais atopamos nos diferentes andeis.
Ningún comentario:
Publicar un comentario