Os compañeiros e compañeiras de 3º de Primaria, no que vai de curso, adicamos a sesión “Hora de ler” a traballar o libro “El lugar más bonito del mundo” de Ann Cameron.
Asemade, foi unha forma divertida de mellorar a comprensión lectora, vocabulario, confianza en nós mesmos, motivación por colaborar…
En fin, unha actividade coa que gozamos do apoio dos compañeiros e o entusiasmo xeral do grupo lendo.
Por se vos animades a lelo, “El lugar más bonito del mundo” narra a historia de Juan, un neno guatemalteco de sete anos. Ao ser abandonado pola súa nai, vai vivir coa súa avoa, tíos e curmáns que son moi pobres. Como necesitan diñeiro, Juan aprende o oficio de limpabotas. Pero quere facer algo máis. Aprende só a ler. E grazas ao seu enorme interese, é aceptado na escola. No amor da súa avoa atopa o lugar máis bonito do mundo.
Xa nos contaredes se vos gustou!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario