Este venres, celebramos o Magosto no colexio. Fartámonos de papar saborosas castañas asadas que gardabamos en feitiñas canastras e cornetes, para non queimar as mans!!!
Os chourizos asados..., manducámolos nun intre!
Tras a comedela, tiñamos organizada unha manchea de xogos populares ...
Os derradeiros xogos, deixáronnos sen folgos...
Abofé que resultou unha mañá moi entretida!!!
Pincha na AQUÍ se queres ver todas as fotos |
Ningún comentario:
Publicar un comentario