Como ven sendo habitual por estas datas, o colexio realiza unha campaña de recollida de alimentos non perecedoiros para axudar ás persoas que máis o necesitan.
Este ano, non podiamos fallar ao noso compromiso con esta iniciativa e organizamos a “Operación Quilo” o día do Festival de Nadal, xoves 21 de decembro.
Todas aquelas familias que desexen colaborar, poderán entregar no centro a súa doazón antes da entrada ao Festival.
Todos os alimentos recadados serán entregados ao “Banco de Alimentos” da zona para ser distribuídos.
Agradecemos de antemán a vosa participación.
Ningún comentario:
Publicar un comentario