Un curso máis, os alumnos e alumnas do CEIP A Carballeira, participamos na actividade “Dálle á lingua”. Este é un proxecto de promoción da lingua galega, a través da radio, que emite Onda Cero co patrocinio de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra.
O venres pasado fixemos as gravacións. Mentres os maiores narrabamos historias de medo, aventuras, ficción..., os pequenos recitaron un poema.
Pincha na imaxe para ver todas as fotos |
Como queremos compartilo con todos, informámosvos que serán emitidos nas semanas do 29 de xaneiro ao 2 de febreiro e do 5 de febreiro ao 9 de febreiro.
Quen será o gañador ou gañadora???
Ningún comentario:
Publicar un comentario