Seguimos coñecendo as posibilidades e funcionalidades que nos presenta o MBLOCK.
Nesta ocasión, realizamos un xogo no que xa tiñamos que introducir diferentes variables e condicións. Aínda que os bloques xa os tiñamos previamente definidos, nós, empregramos a nosa creatividade para modificar algúns dos parámetros que viñan determinados e personalizar a actividade.
Programamos un xogo no que unha bruxa tiña que atrapar morcegos, de xeito que, a medida que aumentabamos o número de morcegos apañados, incrementabamos proporcionalmente a nosa puntuación.
Esta actividade permitiunos explorar os conceptos computacionais de bucle, eventos e paralelismo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario