Conmemoramos un ano máis o Día de Rosalía de Castro o 24 de febreiro como aniversario do nacemento da autora. Novamente nos sumamos á actividade organizada pola Asociación de Escritoras Escritores en Lingua Galega co lema "Errantes polo mundo". Cada aula elixiu un ou dous fragmentos de diferentes poemas de Rosalía que versaban sobre a migración e elaboramos láminas sobre o seu significado e un mural.
Continuamos ideando láminas para engalanar o fragmento do poema elixido e finalizamos creando un fermoso mural . Dun modo colaborativo adobiamos o corredor resaltando a figura de Rosalía.
Ningún comentario:
Publicar un comentario