23/10/20

Día das Bibliotecas Escolares 2020

O 24 de outubro de 2020, celebramos o Día das Bibliotecas. A edición deste ano, baixo o lema "Bibliotecas, sempre ao teu carón", céntrase en destacar o importante papel que xogan as bibliotecas ofrecendo acceso á cultura, ao coñecemento e ao entretemento en calquera lugar e circunstancia.
Pincha AQUÍ para ver as fotos das Bibliotecas de Aula
Normalmente, organizariamos unha xuntanza todo o cole para dar a coñecer as Bibliotecas de Aula, a mascota da biblio "O Berberecho Checho", o noso blog "O murmurio das palabras"..., pero esta ano non vai poder ser presencial por mor do coronavirus. Malia todo, as nosas compañeiras de 6º de Primaria (Daniela, Antía, Hanna, María I., Nerea, Noemi, María V. e Laura), realizaron un fantástico labor participando na elaboración da seguinte presentación do Día das Bibliotecas Escolares 2020 para que todo o colexio puidese celebrar este día:

Lembrade que este curso unha morea de libros da Biblio do Checho viaxarán por todas Bibliotecas de Aula do cole. Sen movernos da escola ou da casa, imos poder recorrer, visitar, investigar, descubrir, explorar... fantásticos lugares. 
Feliz Día das Bibliotecas Escolares!!!

16/10/20

Día das Escritoras (galegas) 2020

Reivindicar o labor e o legado das escritoras a través da historia, é o obxectivo do "Día das escritoras". Este ano 2020, a celebración conmemórase o 19 de outubro baixo o lema "O esforzo cotián das mulleres". 
Escritoras galegas

Desde a Biblioteca do Checho queremos contribuir a que se visibilice a obra de diversas escritoras galegas.  Así, queremos compartir convosco as actividades realizadas no cole polo alumnado: lendo fragmentos, narrando con ilustracións propias, memorizando rimas, creando portadas, debuxos, investigando e explorando biografías... 

Por unha banda, os nenos e nenas de  4º de Infantil realizamos o noso traballo sobre a escritora galega Gloria Sánchez.

Namentres, os rapaces e rapazas de 5º de Educación Infantil traballamos o poemario "Os señores meses" escrito e ilustrado por Ánxeles Ferrer, libro onde cada un dos meses do ano é o protagonista.  Nós lemos con pictogramas e memorizamos os poemas de setembro e outubro, recitamos os diferentes versos do cada poema, ilustramos o libro..., e velaquí tedes o resultado:

Por outra banda, as alumnas e alumnos de 6º de Educación infantil quixemos celebrar o Día das Escritoras gozando do libro de poesías “Rimas con letra”, da escritora Gloria  Sánchez. Fixemos unha morea de actividades: escoitamos algunhas poesías, gravamos un video recitando a poesía dedicada á letra “Q”,  deseñamos cadansúa portada sobre o libro, dramatizamos as máis divertidas, etc.

Aquí vos deixamos algunhas delas. Esperamos que vos gusten tanto coma a nós...

En 1º de Primaria, traballamos a escritora galega Yolanda Castaño. Comentarvos que Yolanda Castaño naceu en Santiago de Compostela en 1977. É unha das poetisas galegas contemporáneas máis coñecidas. Ademais, exerce como crítica literaria e colabora en diversas publicacións tanto nacionais como galegas. Directora do espacio Mercuria dedicado ás vanguardias galegas, recibiu o premio ao Mellor Comunicador de TV en 2005. Foi fundadora da editorial de poesía Letras de Cal, e secretaria xeneral da Asociación de Escritores en lingua galega.
Entre a súa obra, encontramos o poema “Que tarde tanto" e nós representámolo neste video:

Da man María Magdalena Domínguez, en 2º de Primaria recitamos o poema "O canciño". Tamén, realizamos tarefas de investigación sobre esta escritora galega e elaboramos o seguinte vídeo sobre a autora. Rematamos a actividade ideando debuxos sobre o poema:

Os nenos e nenas de 3º de Primaria, seleccionamos  da escritora galega Marta Dacosta un fragmento da obra "Na casa da avoa"; mediante a lectura colaborativa do mesmo, gravamos este audio:

En 4º de Primaria, traballamos un texto de Rosa Aneiros, "Ámote Leo. Estación de tránsito". Fixemos un pequeno debate sobre a importancia de ter os mesmos dereitos homes e mulleres e detivémonos a pensar en como evolucionamos nese sentido. Logo, realizamos un debuxo explicativo do texto que amosase aos personaxes e a situación que estaban a vivir. Mirade o noso traballo:

En 5º de Primaria, a escritora galega traballada foi María Canosa. Da súa obra "Acuario" eliximos un poema co que gravamos audios, elaboramos ilustracións e recitámovolo a través deste vídeo:

Finalizamos coa aportación das compañeiras de 6º de Primaria. Para traballar o Dia das Escritoras, elexíiron o libro "Versos e Bolboretas" de Mónica Inés Varela Gestoso, que a través desta novela intenta aproximar a poesía ao público xuvenil, expresando sentimentos e emocións de forma sinxela.

Gloria Sánchez, Ánxeles Ferrer, Yolanda Castaño, María Magdalena Domínguez, Marta 
Dacosta,  Rosa Aneiros, María Canosa e Mónica Ines Varela Gestoso, son algunhas das moitas escritoras galegas exemplo do "esforzo cotián das mulleres".