22/03/21

Novos Itinerarios Lectores

A "Hora de ler" continúa cunha morea de novos títtulos. Así, en 3º de Primaria, entretivémonos coa lectura do libro "Os Minimortos" de Ledicia Costas.
Despois de rematar o libro, realizamos un obradoiro de escrita e debeuxo.

Os nenos e nenas de 5º de Primaria lemos na clase " El Principito". Inventamos un título para cada capítulo e debuxamos un amencer dende o punto de vista do Principiño.


As rapazas de 6º de Primaria traballamos o título "Cando soa a buguina".

Os nenos e nenas de 1º de Primaria dedicaron esta sesión a ler aos compañeiros de aula cadanseu Diario de Nadal.

Comeza a Primavera e en 5° de Educación Infantil aproveitamos para leer libros relacionados con esta bonita estación. 

Os nenos de 2º de Primaria lemos na aula "La Bruja Mon". Realizamos un obradoiro de escrita e ilustración sobre o libro.

O Flautista de Hamelin, é o título que traballamos en 6º de Infantil.

Rematamos con "Cuentos en verso para niños perversos", o itinerario lector que traballamos na aula de 4º de Primaria.
En canto teñamos máis novidades da "Hora de Ler", non dubidedes que volas achegaremos!!! 

Ningún comentario:

Publicar un comentario