03/05/21

"Polo correo do vento" no colexio!!!

O pasado xoves, os nenos e nenas de 6º de Infantil, 1º, 2º e 3º de Primaria, dentro das actividades programadas nesta XXII Edición do Salón do Libro de Pontevedra, gozaron de cadansúa sesión de contacontos da man de Polo correo do vento...

As nenas e nenos de 6º de infantil tivemos unha fantástica sorpresa! Os rapaces de Polo correo do vento viñeron contarnos un conto: “ A pita Agapita”. Canto nos gustou e que ben o pasamos!

O alumnado de 1° entretivémonos co contacontos  "O Rei Mar"  e disfrutamos da narración e o debuxo como podedes ver nas imaxes.

Os rapaces de 2º de Primaria, participamos nun contaconos e obradoiro de ilustración no que a Detective Peregrina se centra na busca do tesouro do pirata Benito Soto cuxo mapa atopa nunha botella.

Os alumnos e alumnas de 3º de Primaria, disfrutamos dunha actividade moi divertida. Da man de Polo correo do vento, fixéronnos partícipes dun contacontos moi interesante sobre un esquío que se namora e vive varias aventuras nas que salva a sua vida grazas ao seu reloxo. Ao finalizar o conto, regaláronnos o debuxo que foro facendo mentres o contaban.

Todo un éxito a actividade de contacontos do Salón do Libro no colexio!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario