O pasado venres, os nenos e nenas de 4º, 5º e 6º de Primaria, dentro das actividades programadas nesta XXII Edición do Salón do Libro de Pontevedra, gozamos da visita da escritora María Canosa.
Contounos o proceso de construción dun libro, tanto dos que crea ela, como As pombas de Bastián ou novelas biográficas como a adicada a Emilia Pardo Bazán.
Tamén puidemos realizarlle preguntas como: cando publicou o seu primeiro libro ou cantos leva escritos ata agora. Asemade, contounos que os seus libros favoritos son o primeiro que escribíu por conseguires un soño, e o último que escribe, xa que é sinal de que segue triunfando na literatura.
Foi unha actividade moi interesante. Gustounos moito!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario