O pasado vernes 28 de decembro celebramos no noso cole o "Día da Paz" con diversas actividades onde participaron todos os nenos e nenas.
Tivemos unha carreira solidaria cun circuito moi ben sinalizado no patio, e por cursos fomos dando as voltas que simbolizaban os kilos de alimentos entregados para os máis necesitados ao banco de alimentos.
Fixemos un gran esforzo que pagou a pena!!!!
Ademais na clase preparamos os dorsais cos nosos nomes.
Aqui podedes ver cantas cousas trouxemos das nosas casas para eles. Moitas grazas familias pola vosa colaboración!!!
Durante toda a semana tamén estivemos preparando un bonito mural . Decoramos a nosa roupa e o gorro.Tamén nos fixeron unha foto e compuxemos todos os debuxos para despois pegalos no mural.
O venres cubrimos uns bocadillos de cómic onde cada un de nós escribiu unha palabra ou frase importante sobre "A Paz"
Fomos baixando por clases para pegar os nosos bocadillos e dicir en alto aquilo que escribimos. Mirade cantas ideas para mellorar o mundo!!!
Fomos baixando por clases para pegar os nosos bocadillos e dicir en alto aquilo que escribimos. Mirade cantas ideas para mellorar o mundo!!!
A clase de 6º de Infantil
A clase de 1º primaria
A clase de 4º de Primaria
A clase de 5º de primaria
A clase de 6º de Primaria
Quedou xenial.Estamos todos guapísimos!!!!!
Tamén creamos unhas pombas que simbolizan a paz. Están todas colgadas polos corredores do cole e gústanos moito poder identificar cal fixo cada un de nós
Ningún comentario:
Publicar un comentario