O xoves, 03/02/22, os nenos e nenas de 5º de Primaria fixemos un tramo do Camiño de Santiago. Saímos do cole, máis ou menos, ás 9:30 e fomos en autobús ata Tomeza, logo, comezamos a andar. Marcos, o monitor, a medida que andabamos contábanos cousas curiosas dos sitios. Explicounos moitas cousas: que ninguén tiña casas cerca do río porque cando vai con moita forza desborda e entón inúndanse as zonas planas, anegaríase a casa; que a terra toda revolta que había era porque pola noite viñan os xabarís alí a comer as raíces das plantas; que se estabamos en silencio iamos ver troitas...
Tamén miramos a flora e fauna da zona e tivemos que buscar 5 tipos de follas e unha troita. Conseguímolo!!!
Asemade, Marcos explicounos o que se pode tirar ao váter e o que non.
Ao final chegamos á "Catedral", que era un debuxo da verdadeira catedral nunha parede dunha casa abandonada.
Para rematar, fixémonos unha foto coa frecha amarela que indica o Camiño. Sabiades que é amarela porque as primeiras que pintaron o fixeron con pintura sobrante da que se usa nas estradas?
*Texto elaborado polo alumnado de 5º
Ningún comentario:
Publicar un comentario