12/02/22

Plan Proxecta+

Como ben sabedes, este curso, participamos nas modalidades Proxectos de vida Activa e Deportiva (PVAD) e Aliméntate ben do Plan proxecta+.

Ademais de organizar diferentes actividades que promoven o exercicio físico, dende o centro fomentamos a alimentación saudable. Así, consumimos froita, leite e , en breve, participaremos en dúas novas actividades relacionadas con produtos do mar:

"Fai click ao teu bocata":

Preme AQUÍ para acceder a web do programa

"Ti si que es un bo peixe":

Preme AQUÍ para visitar a web do programa


Ambos, programas creados pola Consellería do Mar co dobre obxectivo de facilitar o coñecemento e consumo de produtos en conserva do mar de Galicia entre as nenas e nenos da nosa comunidade e de incidir e equilibrar as súas dietas alimentarias.

Agardamos impacientes a nosa articipación!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario