14/02/22

San Valentín. Día do amor e a amizade


 No C.E.I.P da Carballeira este ano celebramos o San Valentín xogando ao "Amigo-a segredo-a".
Escollemos unha tarxeta anónima que dentro tiña o nome do amigo/a a quen lle ibamos a escribir unha frase positiva e personalizada.
Tivemos moito coidado para que ninguén vise de quen se trataba e o día 14 de febreiro pola mañán metemos a nosa tarxeta xa escrita dentro do buzón. 
E a saída :Sorpresa!!!!!.Atopamos tódalas tarxetas expostas cos nosos nomes e puidemos lelas. 

                                     

Aquí podedes ver un resumo desta bonita experiencia



Tamén elaboramos un gran corazón cos nomes de todos os nenos/as e profesores/as que formamos esta gran familia do C.E.I.P A Carballeira








Ningún comentario:

Publicar un comentario