21/02/22

San Valentín en Educación Infantil

As aulas de 3, 4 e 5 anos tamén celebramos o día de San Valentín. Falamos primeiro sobre o amor: que é, como o podemos demostrar, como nolo demostran os nosos seres queridos... 

Despois, os grupos de 4º e 5º de Educación Infantil fixemos uns corazóns que decoramos con pinturas e papel de seda. A aula de 6º encargouse de realizar uns carteis nos que escribiron o que para eles e elas é o amor, e algunhas das respostas foron: "dar bicos", "dar abrazos", "coller da man"... 

Deixámosvos unhas imaxes para que vexades o bonito que nos quedou o corredor!

Ningún comentario:

Publicar un comentario