29/03/22

"Venme con contos": Primeiras participacións e formación para familias

A semana pasada todas as familias recibistes a infografía  de "Venme con contos" a nosa iniciativa dentro do proxecto de bibliotecas escolares Lectura e familias. 

 

Pois alégranos dicirvos que xa temos as primeiras propostas de participación!!!

 

Ademais queremos axudarvos a participar e para elo temos programada unha sesión de formación con Damián Alonso o próximo 19 de abril, de 17:00 a 18:30, co título VIVE A BIBLIOTECA EN FAMILIA. Será un obradoiro moi práctico: en tan só 90 minutos, participaremos activamente tódalas persoas asistentes, divertirémonos e aprenderemos con el a usar a nosa voz para ler, contar,...


 

Tedes na entrada do cole un formulario para inscribirvos na formación. So dispoñemos dunhas 15 prazas, así que... non esperedes máis!!!! 

A participación será por rigoroso orden de inscrición.

Ningún comentario:

Publicar un comentario