O luns 14 de marzo visitamos o "Salón do libro" en Pontevedra. Fomos en bus ata o auditorio e alí recibiunos Orbi.
Tivemos que esperar un pouquiño facendo xogos de quentamento cunha monitora que era moi simpática.
Na entrada pasamos por arcos de diversos estilos.
1º de Primaria con 6º de Infantil tiveron un contacontos.
Fixeron un traballo colaborativo onde cada neno plasma no seu papel un debuxo ou frase sobre un tema .O cabo duns minutos ten que pasarllo o seu compañeiro para que continue. Así ata que está rematado.
4º, 5º e 6º de Primaria fixeron un obrador con
Hematocrito (autor de varios libros que leramos no cole).
Inventamos o título e creamos a portada dun conto moi orixinal.Habíaos chulísimos e todos quedaron expostos nun taboleiro .
Este ano o país invitado era Euskadi e a autora Concha Pasamar que representa o "Land Art"(crear arte coa natureza).Na sala había moitos cadros con ilustracións do seu libro "Volver"
Tamén visitamos unha sala decorada coas cores primarias i explicáronnos o significado de cada unha delas nas diferentes culturas.
Un espacio para as mulleres artistas
Ningún comentario:
Publicar un comentario