Este domingo 1 de maio celébrase a festa dos maios.
No cole tamén quixemos celebralo coa elaboración dun maio, onde participaron todos os nenos e nenas.Algúns incluso se animaron e crearon algunhas estrofas.
COPLA MAIO DA CARBALLEIRA
XA CHEGOU A PRIMAVERA
E O QUEREMOS FESTEXAR
O COLE DA CARBALLEIRA
UN MAIO VAI PRESENTAR
DE LEVAR MÁSCARA POSTA
XA NON HAI OBRIGACIÓN
PERO DE TAPAR A BOCA
FAN A RECOMENDACIÓN
NESTA CLASE DE 2º
HAI UNHA PROFE CANTAREIRA
QUE A NÓS MOITO NOS GUSTA
SOMOS "FANS" DAS TANXUGUEIRAS
TAMÉN TEMOS OUTRO PROFE
QUE LLE ENCANTAN OS DEPORTES
CANDO OS VAI PRACTICAR
SEMPRE APRENDE ALGO MÁIS.
TEMOS GAÑAS DE XOGAR
COMO FACIAMOS ANTES
POR TODO O PATIO BRINCAR
SEN "PARCELA" QUE NOS PARE.
TÓDOLOS NENOS DO COLE
QUEREMOS VIVIR EN PAZ
LOITAREMOS CONTRA A GUERRA
PARA OS DEMAIS AXUDAR
NOVOS PROFES SON CHEGADOS
TRAEN GAÑAS DE TRABALLAR
NO LUGAR DOS XUBILADOS
QUE FORON A DESCANSAR
NA CLASE SEGUIMOS NORMAS
APRENDEMOS EN EQUIPO
TRABALLAR COS COMPAÑEIROS
É MOITO MÁIS DIVERTIDO
XA SUBIRON MOITO OS PREZOS
DE CHUCHES E CARAMELOS
TEÑEN QUE BAIXALOS PRONTO
QUE NÓS QUEREMOS COMELOS
NON TENTES PRENDER A LUZ
MELLOR COLLE UNHA LANTERNA
CO ENCARECIDA QUE ESTÁ
HABERÁ QUE USAR FOGUEIRAS
QUEREMOS AS PORTERÍAS
E UN BALÓN DE LIGA
PRA XOGAR E PRA GOZAR
COS AMIGOS E AS AMIGAS
NON HAI COLE COMA O NOSO
BIBLIO, PATIO E COMEDOR
ENTORNO MARABILLOSO
CARBALLEIRA É O MELLOR
FIN
Trouxemos da casa: fiuncho, xestas, espadaina, pampullos, cartuchos, laranxas, limóns, camelias e ata flores exóticas para adornar o noso maio.
Ningún comentario:
Publicar un comentario