No mes de maio, os rapaces e rapazas de Infantil e Primaria participamos no obradoiro de alimentación "Ti si que es un bo peixe", actividade de fomento da alimentación saudable dentro do programa Aliméntate Ben do Proxecta+.
Os principais obxectivos da actividade: fomentar o consumo de peixes e mariscos, familiarizarnos co mundo da pesca e da acuicultura, transporte e preparación do peixe e do marisco para aumentar o seu coñecemento e interese sobre este produto; a importancia do peixe e do marisco na dieta en relación ás súas achegas nutritivas e achegarnos o coñecemento das distintas especies de peixe e marisco e as súas características nutricionais.
Comezamos, cunha presentación de peixes e mariscos salvaxes e de acuicultura.
Seguimos co Karaoke "A Batalla dos peixes" sobre as propiedades nutritivas de cada especie e aprendemos unha animada coreaografía.
Ningún comentario:
Publicar un comentario