Nadal 2022
Este ano volvemos celebrar o "Festival de Nadal" coma o faciamos antes da pandemia. Os nen@s estaban moi ilusionados e o fixeron de marabilla.
Actuaron todos os cursos e presentaron o festival os alumnos/as de 6º de primaria.
A ANPA do colexio colaborou na decoración do escenario e os nen@s decoraron os corredores con adornos feitos en pratos de cartón e as portas das aulas con árbores de Nadal superchulos. Mirade!!!!
Aquí tendes unha mostra dalgunhas actuacións do festival:
5º e 6º de Primaria
3º e 4º Primaria
Actuacións ó piano de 2 nenos de 4º de Primaria
Sorteamos 2 cestas. Adrián a Manuel foron os agraciados:
Ó final tivemos unha gran sorpresa! Unha das súas Maxestades veunos visitar e trouxo un agasallo para cada un de nós.

Ningún comentario:
Publicar un comentario