Como xa sabedes na Carballeira queremos volvernos o máis sostibles que sexa posible.
Primeiro tiñamos que aprender cousas, por iso Chiña seleccionou algúns libros da biblioteca e os puxo no corredor para que foramos colléndoos
Logo, o día 25 de Xaneiro (día mundial da educación medioambiental) comezamos coa iniciativa RR0 (Recreos Residuos Cero).
Continuamos ao longo das últimas semanas coa preparación do noso propio horto...
... e xa puxemos en marcha un composteiro, logo de aprender todos (mestres/as e nenos/as) como se fai coa axuda de Manuel e María, de Revitaliza
Xa so nos queda plantar... e esperar que o noso traballo sexa un éxito!!!!
.jpeg)





Ningún comentario:
Publicar un comentario