11/04/23

Feira de libros usados "TROCALIBROS"

 Dálle unha segunda vida aos teus libros usados!!!!


 

O 23 de abril, coincidindo co Salón do Libro Infantil e Xuvenil de

Pontevedra. celebrarase a Feira de Libros Usados “Trocalibros”

no Pazo da Cultura.


CAL É O OBXECTIVO?

Proporcionar á comunidade educativa -alumnado, profesorado,

familias, persoal docente,...- a oportunidade de intercambiar

aqueles libros que, polas razóns que sexan, xa non son

utilizados polos seus donos/as.


COMO PODO PARTICIPAR?

Aportando todo tipo de libros e para todas as idades: de ficción,

manuais, cómics, etc. A única condición é que estean no

mellor estado posible para que quen o reciba poida

aproveitalo.

Por cada libro entregarase un vale: cantos máis libros

entregados, máis vales.


ONDE ENTREGO OS LIBROS?

No cole. Recolleremos libros ata o día 21 de abril, e dámosche

os vales, que terás que gardar ata o día da feira


CANDO PODO CAMBIAR OS MEUS VALES?

O 23 de abril de 11:00 a 14:00 h


ONDE?

No Pazo de Cultura de Pontevedra en calquera dos postos dos

diferentes coles e ANPAS


UN LIBRO TEN MÁIS VIDAS DAS QUE CRES!!!!!


Ningún comentario:

Publicar un comentario