24/05/23

Coñecer e cociñar o que sae da terra

O luns 15 e martes 16 de Maio tivemos unha gran sorpresa: No porche do cole unha experta en alimentación e cociña "María" preparou unha exposición con distintos productos da horta. Explicounos cousas moi interesantes e deixounos unha exposición de tarxetas coas características de cada alimento para poder seguir investigando.
 
Puidemos tocalos e facerlle preguntas. Aprendemos moitísimo e cociñamos receitas moi saudables. Mírade ben!!!
 
 
 

Ningún comentario:

Publicar un comentario