O alumnado de 6º curso, leu durante o terceiro trimestre o libro de Ledicia Costas, Escarlatina, a cociñeira defunta.
Unha das peculiaridades deste libro, que lles gustou moito, é que está cheo de receitas de cociña, polo que decidiron rematar a lectura cunha gran merenda a base destas receitas. Para elo precisaron da axuda das súas familias, que xunto con eles e elas leron as receitas, escolleron unha e a elaboraron, para despois compartir cos demais o resultado.
Ademais decoraron a mesa e a aula con motivos relacionados co libro: o mortobús, Escarlatina, Román, .....




Ningún comentario:
Publicar un comentario