23/10/23

24 de outubro: Día Mundial das Bibliotecas Escolares. COMEZAMOS CON NOVIDADES!!!!

Comezamos as entradas no blog deste curso recordándovos que o 24 de outubro celébrase o día mundial das bibliotecas escolares e para a comunidade da Biblioteca de Checho este ano é especial. 

A nosa biblioteca é máis grande, máis completa, máis bonita, máis.....

Poderemos comezar a usala a partires da súa inauguración o día 25 de outubro e temos moitas novidades. Xa as iredes descubrindo.

E falando de descubrir... 

Algún de vós sabe que lle pasa a Checho? Na biblioteca non está e a última noticia que temos del é unha foto que lle enviou a Chiña. Aquí vola deixo. Que credes que estará a facer?



Ningún comentario:

Publicar un comentario