16/04/24

Vinculados: Nova Zelanda

Chegáronnos novas fotos das viaxes de Checho dun país que, inicialmente non sabiamos cal era

 

Menos mal que Elliot, pai dun neno da clase de 4 anos, que é de Nova Zelanda veu a contarlles cousas sobre este país no que está Checho agora.

Este é o pais  que escolleu o alumnado de 5º de infantil para traballar o proxecto do colexio, vinculados.
Ensinounos un vídeo e unhas fotos da súa familia que vive alí, concretamente en Auckand. 

Contou dous contos sobre un animal en extinción “ o kiwi”, e despois o colorearon.

Vimos un vídeo das fermosas paisaxes, praias, natureza, deportes e animais deste país.
Ensinounos as tribos dos maorís, os seus típicos bailes,  e os lindos colares con pedras preciosas que fan eles mesmos. Vimos un vídeo do equipo de rugby “All Blacks" un dos máis  importantes de Nova Zelanda. Aprendemos moitísimo. 

Grazas Elliot. Moitas grazas


 

Ningún comentario:

Publicar un comentario