Lembrades que para celebrar o Día da Poesía, fixemos unha recreación da canción "Lela" de Astarot con Lucía Pérez?
Pois ben, aos membros do grupo gustoulles moito e ofrecéronse a tentar vir ao noso cole para facer unha entrevista.
Así que esta semana visitounos un dos seus membros: Carlos Gandón, cofundador do grupo e guitarrista e voces do mesmo.
O alumnado de 6ª fíxolle unha entrevista que publicaremos proximamente no noso Faro da Escola, agasallounos o seu disco "Baixo a luz de Breogán" , pero ademais tivo o grandísimo detalle con nós de traer a súa guitarra e cantarnos algunhas das súas cancións.
Imaxinades por cal empezou?
Grazas a Carlos e a todo Astarot por esta visita. Esperamos poder seguir contando con vós no futuro
Ningún comentario:
Publicar un comentario