A rapazada do noso colexio aproveitou estas datas para facer moitas actividades!
- Contos terroríficos por parte do alumnado de 6º. Foron a todas as aulas do colexio, facendo un traballo estupendo! A que estiveron ben? Déronvos moito medo?
- Receitas de conxuros onde o alumnado propuxo diferentes receitas para este Samaín. Un libro de conxuros que formará parte da nosa biblioteca!
- Exposición de cabazas tanto en Infantil como en Primaria. Encantáronnos!
- Xogos populares... Moi divertidos!
E para o rematar, o magosto coas súas ricas castañas e choripáns!
Desde o cole queríamos darvos as grazas pola vosa participación! Desde a AMPA, as familias e por suposto o alumnado fixeron desta ocasión un éxito. Pasámolo XENIAL!
Ningún comentario:
Publicar un comentario