O noso alumnado de primeiro ciclo de educación primaria tivo unha visita moi especial! A autora Lucía Mojón, co seu libro "Biscoito de Castañas"!
Tivemos ocasión de entrevistala e descubrir como crea as historias e aventuras que enchen de maxia os seus libros. Xogamos a imaxinar novas personaxes e mesmo cantamos o retrouso dos seus protagonistas!
Unha sorte poder ter estas visitas no noso cole da Carballeira. Grazas por vir!

Ningún comentario:
Publicar un comentario