Nesta conmemoración, grazas á axuda das familias, conseguimos reservar un recuncho do noso patio para dedicarllo neste 5 de xuño, día do Medio Ambiente, á feminista africana Wangari Maathari. Foi Premio Nóbel da Paz e o seu obxectivo foi combatir a deforestación e a desertificación co cinturón verde (plantacións de árbores) en África, mentres loitaba contra a pobreza empoderando ás mulleres rurais.
A rapazada plantou flores no noso xardín, levaron regalos conmemorativos e leron poesías en honor a Wangari. Un exemplo a seguir!
Ademais, con 6º curso de educación primaria e grazas ás achegas de Camila, aprendimos sobre comida saudable e fixemos un obradoiro con degustación, por suposto!
Estaba riquísimo! Ata a próxima!



Ningún comentario:
Publicar un comentario