21/10/10

POEMAS DE OUTONO


Aquí tendes un pequeno traballo do ENDL, pero xa sabedes que podedes ler  "O Libro do Outono" que fixemos entre todos e todas na nosa biblioteca.Preme no recadro de abaixo, á esquerda para poñer en pantalla completa.

O outono




sen follas,
sen folliñas.

Os esqueletos de xeo
   amosan
os seus outonos,
os seus laios,
os seus soños.

Unha alfombra
 cobre o chan,
tapiz de follas caídas,
      folliñas
que veñen e van.
      Folliñas
lixeiras e secas
               fatigadas
                 de troular.
                            
Folliñas
      que bailan
         co vento
   todas collidos
        da man.
                         
                   Antonio García Teijeiro


Outono
ten sono,
non pode durmir.

Ponlle unha mantiña
que se queda axiña
sereno e feliz.

ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO

06/10/10

CONTOS EN CANTOS

Aquí tendes un conto cantado con moito ritmo, ademais, como estamos no tempo das cabazas..., adiviñas como se titula?



Neste outro vídeo podedes escoitar unha canción  sobre un libro titulado A Princesa do Caurel. Xa sabes onde está o seu anel?

O MAGOSTO

Se queres aprender cousas sobre o Magosto dunha maneira divertida, non tes máis que premer na foto.




Tamén podes atopar moita información na seguinte ligazón: 


RECURSOS DO C.E.I.P. MESTRES GOLDAR
Pero se o que queres e ler un conto moi divertido, preme no  seguinte título:

 Aquí tes unha morea de adiviñas e  refráns destas datas:
DITOS E REFRÁNS  
ADIVIÑAS




05/10/10

CHEGA O SAMAÍN

Era noite de trebón
nun vello e mouro castelo,
a auga caía a chuzos
e os lóstregos a miles.

 Oes dentro un barullo
de alaridos e lamentos,
era noite de trebón
nun vello e mouro castelo.

Bule, bule, bule, bule,
bailan, bailan os espectros,
bailan, bailan esqueletes,
sapos, monstros e morcegos.
Bailan, bailan as pantasmas,
monstros, bruxas e curuxas.
Bule, bule que aínda é cedo
e hoxe toca pasar medo.


Bule, bule, bule, bule,
bailan, bailan os espectros,
bailan, bailan esqueletes,
sapos, monstros e morcegos.
 Bailan, bailan as pantasmas,
   monstros, bruxas e curuxas.
  Bule, bule que aínda é cedo
    e hoxe toca pasar medo.



Por que se celebra o Samaín? Se queres sabelo, preme na seguinte foto.