26/05/11

ABRAHAM CARREIRO

O día 13 visitounos o ilustrador Abraham Carreiro (patrocinado por Consorcio Editorial pola compra de libros realizada pola nosa Biblioteca) e deixou abraiados tanto a maiores como a pequenos, coa súa facilidade para debuxar. Aprendimos a debuxar un hipopótamo na praia con parasol, tomando un refresco, xogando ao balón...  Mesmo os pequenos foron quen de debuxar ata un cabalo, unha galiña e unha quenlla!!!
Aquí tendes as fotos.



Ningún comentario:

Publicar un comentario