26/05/11

VISITA DUNHA XORNALISTA

Este ano no 5º nivel estamos a traballar coa prensa e moitos xornais lemos. Ademais, dende o ENDL, tense solicitada unha charla cun xornalista que se realizará próximamente.
Continuando co noso programa de "Maio, mes das Letras", tivemos a visita de Nieves, que é xornalista de "La Voz de Galicia". Grazas a ela, o alumnado do 3º ciclo puido coñecer moitos datos sobre esta profesión e o mundo da redacción dun xornal, as axencias de información... Por certo, sabedes que a partir de outubro o xornal será un pouco máis pequeno e a cor?, en Vigo xa é así, aquí esperaremos ata entón.
Aquí tendes as fotos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario