05/03/12

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

O día 24 foi o Día de Rosalía de Castro, unha gran escritora galega que tamén escribiu en castelán. Se queres coñecer como foi a súa vida, preme na imaxe.



AQUÍ TENDES A ENTRADA DO ANO PASADO CO VÍDEO DE Adeus, ríos; adeus, fontes.

E se queres ler algo da súa OBRA.


UNHA VODA NA ALDEA
Aínda que nacese xordo
as túas falas oiría,
e aínda que cego nacese
non dubides, non, meu ben, que eu te vería.
Sei cando hei de atoparte no camiño
aínda que ninguén mo diga,
pois dimo, en cambio, o corazón batendo
cun bater de alegría.
Sei onde estás, aínda que para ti non mire,
pois véxote co espírito, miña vida,
que aínda mellor cos ollos
teñen as almas vista.
E dendes de que eu morra e que ti morras
non o dubides, Marica,
cal te vexo e te sinto neste mundo,
hei de verte e sentirte na outra vida.
Queirámonos e se eres desdichada,
ti saberás ao fin o que é ter dicha,
pois eu desde que en ti adoro e en ti creo,
creo no ceo, e creo en Deus, Marica.

Ningún comentario:

Publicar un comentario