19/03/13

Estamos cheos de enerxía!



Estamos cheos de enerxía!
O ano 2012 foi o ano internacional da enerxía sostible. No cole estamos sumerxidos na prehistoria e investigando un pouquiño descubrimos que os homes e mulleres dende a súa orixe obtiveron enerxía dos alimentos que comían e realizaban o traballo coa forza muscular. 

Despois construíron ferramentas para aproveitar mellor a enerxía dos músculos. Máis adiante descubriron e aproveitaron a enerxía dos combustíbeis coma o lume para quecerse, cociñar, elaborar cerámica, fundir metáis, etc. 

Aproveitaron tamén a enerxía do vento para o transporte coma barcos de vela, e domesticaron animais para utilizar a súa forza de traballo. 
Vémonos na biblio! Un saúdo. Checho. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario