19/03/13

Unha viaxe ó pasado.


Continuamos co noso PDI "as pegadas do pasado". O xoves  tivemos unha saída ó parque arqueolóxico da arte rupestre en Campolameiro.

Comezamos cun breve percorrido pola exposición estable e acadamos a información necesaria para descubrir os enigmas que se agochaban nos petroglifos.
Despois achegámonos en grupos á área arqueolóxica. É algo espectacular ver as pegadas dos nosos antepasados gravadas nunhas rochas. Grandes enigmas, diferentes deseños xeométricos, realmente emocionante.

Por último fixemos dous grupos para levar a cabo os talleres. Os máis cativos tiveron a oportunidade de fabricar vasillas de cerámica coma no Neolítico.

Os maiores fixeron unha búsqueda do tesouro nun lugar que os deixou abraiados por todo o que ían descubrindo.

Dende aquí queremos agradecer a todo o persoal que nos acolleu polas súas explicacións e atención recibida. A verdade é que aprendemos moitísimo. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario